Servizos

Compra e financiación

PASOS PARA A COMPRA DUNHA VIVENDA DE CALQUEIRA TIPO DE MATERIAL

  1. Ter unha finca edificable e rexistrada. Que non lle enganen, a finca ten que estar calificada como edificable.
  2. Persoal da nosa empresa trasládase a cualqueira punto e terreo para asesorar os seus clientes. Antes desta visita, vostede ten que solicitar e obter do seu concello, e por escrito, a normativa urbanística e os plans de situación de dita parcela.
  3. Despois da visita dos nosos proxectistas á parcela para estudiar as necesidades do cliente, realizarase, por parte dos técnicos, o proxecto básico de execución e o visado no Colexio de Arquitectos e Aparelladores da provincia correspondente.
  4. Concesión da licencia de obra por parte do concello, unha vez presentado dito proxecto visado.
  5. No caso necesario, o cliente, co terreo rexistrado e coa presentación do proxecto e da licencia, pode obter unha financiación hipotecaria de ata o 100%.
  6. Firma do contrato con LAS 5 JOTAS da compra da casa de madeira que lle será entregada, como moi tarde, seis meses despois.