Bioconstrucción

Aforro enerxético

É un imperativo do tempo no que vivimos, a necesidade de desenrolar unha conciencia ecolóxica capaz de modificar hábitos que repercutan na conservación do medio ambiente. Para elo é importante a idea de promover un desenrolo sostible, cun modelo de aforro enerxético no que nos impliquemos todos, tanto institucioóns, como empresas, como cada un de nós.

Neste contexto, o uso da madeira como o principal material de construcción encaixa perfectamente coas exigencias deste novo modelo, troca radicalmente coas bases da industria ó estar basada na queima de enerxías fósiles: a materia prima é de orixe natural, e o árbol, para producir madeira empregada na enerxía solar.

Pero ademais, ó ser un material lixeiro emprega menores cantidades de enerxía para a súa manipulación e transporte, así tamén coma para o seu mecanizado e transformación; permite aforrar cimentacións e incrementar a productividade; case non produce residuos, e pódese reciclar gran cantidade de ocasións e o final da súa vida útil aporta enerxía limpa.

Unha vez que forma parte dunha vivienda, ó ser un gran aislante térmico e acústico, permite acadar un maior confort, con moi bos resultados en calefacción e refrixeración, así como tamén en aillamento acústico, o que leva implícito un considerable aforro de enerxía, sobre todo en sistemas de producción de calor.

Estas melloras non significan só un menor desembolso económico para os habitantes dunha vivenda, senón un beneficio a longo prazo para todos, contribuindo a ese troco de esquema do que falamos, no que escomenzamos a comprender que o futuro do noso planeta pasa polo aforro dos recursos empregados polo home.