A bioconstrucción trata de atopar unha armonía entre a tecnoloxía, a estética e a funcionalidade, que se integre a súa vez co entorno natural ou urbán da vivenda; o obxetivo é satisfacer as necesidades humanas en condicións saudabres, guiándose por un estricto criterio de sostenibilidade e de respeto ó medio.
É por elo, que a hora de promover a construcción dunha edificación
sostible debe de terse en conta o emprazamento, realizando unha evaluación
medioambiental e atopando o aproveitamento das enerxías pasivas; a
estética debe estar integrada na paisaxe ou na arquitectura local;
os sistemas constructivos deben ser respetuosos co entorno e os materiais
deben ser saudabres; deben acadar un confort térmico e acústico,
cun consumo enerxético óptimo, no que a xeración de
residuos sexa mínima e na que estén previstos métodos de reciclaxe;
debe coidarse a calidade do aire; e debe compensarse a estética interior coa funcionalidade,
tendo en conta o color, a luz, os espacios e as dimensións.
En definitiva, a bioconstrucción debe contemplar o aproveitamento do medio natural sen causar perxuicio ningún sobre a súa sostenibilidade, debe aplicar o desenrolo tecnolóxico para a consecución dun maior aforro enerxético e a disminución dos residuos, pero sen obviar o aspecto estético, un dos factores que determinan a habitabilidade da vivenda. Todo sen chegar a producir unha distorsión excesiva no prezo final da vivenda, é dicir, unha casa que segue este criterio de construcción non pode chegar a ser, comparativamente falando, máis cara que unha casa tradicional.