Bioconstrucción

Ecolóxica

A elaboración de casas de madeira admite, sen ningunha dúbida, un dos sistemas de construcción máis respetuosos có medio ambiente. A madeira é un dos materiais de construcción máis nobres; é natural e renovable, e o seu proceso de transformación é sinxelo, empreagando pouca enerxía, en comparación cós materiais de construcción tradicionais.

O respeto polo medio parte dende o propio orixen da materia prima: a madeira é o froito dos bosques, os cales manteñen o ciclo da auga, o ciclo do carbono e protexen os solos contra as escorrentías. Os bosques productivos, bosques coidados e limpos, son xestionados de forma sostible, a población implicase na súa conservación, incrementando deste xeito a súa superficie boscosa. Isto demostra que a madeira non só é un dos materiais menos contaminantes no seu procedimento de producción, senón que ésta é máis beneficiosa para o medio ambiente. Pero o que sobresae por riba de todo o demáis, é a súa contribución ao aforro enerxético, unha casa ecolóxica pode chegar a aforrar ata un 60% no consumo de enerxía diaria; ao ser un material aislante actúa como regulador térmico, necesitando un gasto moito menor en calefacción en invierno ou en refrixeración en verán.

E tampouco debemos esquecer que as casas de madeira son casas altamente saudables, absorben e expulsan a humidade regulando deste xeito o ambiente interior, absorbe as radiacións electromagnéticas dos móviles, televisores, ordenadores… proporcionando un estado de equilibrio no corpo humán.