"A madeira é o material máis nobre e ecolóxico que se pode empregar na construcción e a empresa FÁBRICA DE CASAS DE MADEIRA, S.L. leva máis de 20 anos utilizando tan só a mellor nas súas edificacións."
A empresa, titular das vivendas en madeira fabricadas e patentadas como LAS CINCO JOTAS, ten os seus orixes na carpintería de madeira fundada nos anos sesenta por D. Julio Costas González na cidade de Vigo e, hoxe en día e na seguinte xeración, segue rexida por estos profesionais, perfectos coñecedores da madeira.

É en 1985 cando comenzan coa fabricación das primeiras construccións en madeira, ó principio
con carácter de segunda vivenda. Pouco a pouco a
carpintería do fundador vaise transfomando na actual factoría
de máis de 15.000 m², que fabrica e instala todo tipo de edificacións,
destacando as vivendas unifamiliares como primeira residencia, cumprindo
tódalas normativas de edificabilidade e habitalidade.
Cando o tema é casas de madeira, o tema é LAS CINCO JOTAS. Tanto as revistas profesionais como a prensa, ó igual que a televisión, cando de casas de madeira se trata, sempre toman como referencia os nosos modelos LAS CINCO JOTAS. Todo esto é algo que vemos corroborado, unha e outra vez na nosa asidua asistencia a feiras. E aparte das feiras, lle podemos informar de que son moitas as escolas universitarias, técnicas e de formación profesional, que visitan nosas instalacións para que os seus alumnos poidan coñecer de preto a nosa fábrica e os locais de exposición

. " O amplio equipo técnico do que nos rodeamos entre delineantes, enxeñeiros, aparelladores, arquitectos e empresas homologadoras e de certificación, fala da nosa calidade e do noso control de calidade. Beleza e calidade, iso é o que lle ofrecemos a vostede para a casa dos seus sonos. "
FÁBRICA DE CASAS DE MADEIRA, S.L. LAS CINCO JOTAS está na vangarda no mercado tanto técnica como estéticamente. Unha mera ollada o noso catálogo ou una visita a nosa web falan da beleza das nosas construccións.