|
|
 |
|
Castellano - Galego
|
|
BOLETÍN Nº4 |
|
Venres, 21 de Decembro de 2007 |
|
| VISIÓN DO
EXPERTO: |
|
| “A
formación é unha ferramenta indispensable para o
sector” |
| |
A
vicepresidenta da Asociación de Profesores da Familia
Profesional da Madeira e o Moble e docente de “Procesos e
Produtos na Industria da Madeira e o Moble” no Instituto de
Formación Profesional de “A Xunqueira” de Pontevedra, María
Luz Lorenzo, considera que a formación é unha das ferramentas
“indispensables” para a transformación do sector. Asegura que
“atopámonos nun mundo no que a investigación avanza e é
necesario estar ao día en canto a proteccións, tratamentos e
aplicacións da madeira”. Lorenzo forma parte dun colectivo
de docentes cuxos obxectivos comúns é intercambiar
experiencias, estar presentes en foros sobre a madeira,
feiras, etc. e promocionar, precisamente, o coñecemento sobre
o produto. [Máis
detalles...] |
| |
| EN
PORTADA: |
|
| A
Consellería de Vivenda empregará a madeira na construción de
vivendas protexidas para estudantes |
| |
A
conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, anunciou,
durante a gala de entrega dos Premios Nacionais de
Arquitectura en Madeira, que as primeiras vivendas protexidas
para estudantes do campus de Elviña na Coruña estarán feitas
con este material. A titular do departamento autonómico
asegurou que destinarán máis de 6 millóns de euros á posta en
marcha de este complexo cuxa estructura interior estará
recuberta con madeira. Deste xeito, Táboas evidencia o seu
compromiso co sector e a súa proximidade cara a un material
que considera de vital importancia para minimizar o impacto
paisaxístico e medioambiental, ademais, de favorecer o
desenvolvemento sustentable. [Máis
detalles...] |
| |
|
A Asociación do Profesorado de FP da
Madeira destaca a calidade dos proxectos do alumnado
|
| |
O
grao de tecnificación dos produtos elaborados polos alumnos de
Formación Profesional da familia da Madeira e o Moble do IES A
Xunqueira de Pontevedra quedou de manifesto nunha exposición
organizada no seo da feira de Valencia Fimma-Maderalia. Os
estudantes mostraron as súas últimas creacións en mobles e
aplicacións de madeira que sorprenderon polo seu deseño e
calidade técnica. O IES A Xunqueira de Pontevedra acudiu en
compañía doutros centros vinculados á Asociación de
Profesorado de FP da rama da Madeira e o Moble, entre os que
se atopaba, centros de Cantabria, Cádiz, Málaga, Madrid,
Pamplona e Teruel. [Máis
detalles...] |
| |
| REPORTAXE: |
|
| “Os
futuros arquitectos reciben formación sobre a madeira, pero
pouco especializada” |
| |
Os
alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
reciben formación acerca da aplicación da madeira na
construción e nos proxectos urbanísticos. Contan con
departamentos especializados nestas materias, aínda que a
madeira non é un material específico. Estúdase ao mesmo nivel
que outros elementos construtivos. O director da ETSAC, Xosé
Manuel Casabella, non dubida da importancia deste material
dadas as novas correntes arquitectónicas e o interese dos
profesionais por recuperar técnicas e elementos tradicionais
tratados coa tecnoloxía do momento. Casabella considera que
hai que tomar o pulso á actualidade e impulsar a Cátedra da
Madeira do mesmo xeito que noutros centros da xeografía
española impártese formación específica acerca doutros
materiais como o cemento branco. [Máis
detalles...] |
| | |
|
| |
|
¿Que é
Lignum Facile? |
Contacto
|
Suscribirse
|
| |
|
lignum facile é un servizo do Clúster da Madeira
de Galicia. Vostede recibe esta comunicación debido a que o
correo electrónico da súa empresa figura nun ficheiro de
Lignum Facile obtido de fontes accesibles ao público, conforme
ao establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de
Carácter Persoal. Se non desexa recibir máis mensajes nosas no
futuro, por favor, prema no seguinte enlace: |
|
Desexo
darme de baixa. |
|
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de
decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD)
informámoslle que os seus datos persoais están incluidos en
ficheiros titularidade do Cluster Da Madeira De Galicia, cuxa
finalidade é o desenvolvemento de accións de comunicación, e
para exercitar os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición previstos na Lei pode dirixirse
mediante carta ao Cluster da Madeira de Galicia Plaza Salvador
García Bodaño 7, 1º A 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
|
|
| |
|
| | |